lunes, 13 de octubre de 2008

PORTAZGO 1 - 0 CIRE MELIDE

O CIRE perdeu por un gol a cero contra un dos recen ascendidos da liga:O PORTAZGO, na seguinte xornada o conxuto melidao recibira o Victoria,equipo que esta na parte baixa da tabóa.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

domingo, 21 de septiembre de 2008

BETANZOS "B" 3-2 CIRE MELIDE

O CIRE MELIDE perdeu na mañan do domingo o seu encontro frente o BETANZOS "B" os goles azuis foron obra de Jetxu e de Toño,destacar que o cire acudiu a Betanzos con numerosas baixas,Peke,Alberto,Perila,Marc,Miki...


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

sábado, 20 de septiembre de 2008

CIRE MELIDE 2-3 OLIMPICO

O CIRE MELIDE perdeu o sábado pasado por 2 goles a 3 frente o olímpico de rutis un dos principais candidatos ao ascenso na tempada presente na segunda autonómica grupo 1.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

lunes, 8 de septiembre de 2008

CSD ARZÚA 1 - 4 CIRE


O CIRE impuxose no primer partido da tempáda,e non contra calquer rival,os nosos golearon ao Arzúa no campo destes,ainda que o CIRE non fixo meior xogo que o Arzua nin tiveron tantas ocasións como estes os azuis fixeron gala de un dos factores máis importantes no mundo do fútbol para gañar,EFECTIVIDADE;xa que os nosos convertiron en gol as poucas ocasións das que dispoñeron,o primeiro en abrir a lata seria Peke nun erro entre a zaga e o gardamallas arzuán,co resultado de 0 -1 a prol dos azuis chegariase o descanso, na segunda metáde este ampliaran ventaxa cos goles de Ramón e de Toño, o Arzua faria o gol da honra cando o partido estaba xa sentenciado pero ainda faltaba un gol máis o de Suso Pampín que acadaria o tanto no lanzamento dunha falta que pega na barreira e confunde o gardarredes do CSD,asi remataria o encontro,o CIRE comeza a súa andaina na segunda autonómica con bo pé,esperamos seguir asi.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

martes, 10 de junio de 2008

FIN DE TEMPADA!!!!!


O CIRE non consegue dar a badalada e vencer o campion da copa de A Coruña o Vizoño e non seria por gañas xa que os azuis foron quen de adiantarse no marcador por medio de Jetxu e tras un gol de corner olimpico pero o Vizoño empataria o partido cara o final da primeira metade,na reanudación a condicion fisica do Vizoño e o vento a favor para o conxunto vermello fixeron que dende o minuto 30 ao 38 produciranse 3 goles e seria xa no desconto cando o Vizoño faria o quinto gol,o resultado non reflicte nin o máis minimo o xogo do conxunto melidao que durante 70 minutos fixo soñar a súa aficióm,que acudiu en masa para ver este gran encontro,con conseguir eliminar o vixente campión,pero como xa dixen a condición fisica de estes xogadores de preferente fixeron que en 10 minutos fosen que de golear o CIRE,non pasa nada a tempada foi magnifica para o cadro azul.
Para o ano xogaremos en segunda autonómica,manteremosvos informados se hai algunha alta ou baixa.





Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

domingo, 1 de junio de 2008

SEGUIMOS VIVOS!!!!!!!!

O CIRE MELIDE logrou imporse por 2-1 ao Olímpico nun partido moi desputado e xogado no municipal de Melide o cal rexistrou unha boa cantidade de siareiros azuis nas súas gradas.A primeira metade na que os primeiros vinte minutos pertenceron o conxunto visitante que logo de non lograr rentabilizar as súas oportunidades o encontro empezaria a ser manexado polo CIRE que acadaria o seu gol por medio de Peke e tras unha gran xogada de Jetxu,asi chegariase ao final da primeira metade,na reanudacion o Olimpico acadaria o empate nun lanzamento de falta(máis que dudosa) no que un xogador visitante remata o centro de certeiro cabezazo,tras o gol o CIRE botariase adiante en busca do gol da victoria que chegaria por parte de Miki no que posiblemente sexa o mellor gol da tempada para o cadro melidao no que,Miki tras regatear varios xogadores conecta un potente zurdazo dende o pico da aerea que se cola por toda a escadra,asi seria o Olimpico o que atacaria e estaria a punto de empatar o encontro pero impideuno Perilla cunha gran estirada que faria levantar a parroquia azul para aplaudir a acción do gardarredes melidao,o partido fixose eterno e a afición acabou pedindo a hora,a fin de contas o CIRE sigue adiante na copa e xa estamos en 1/8.

Cando sepamos o emparexamento escribiremolo nun recuncho do blog.



Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

lunes, 26 de mayo de 2008

PARTIDAZO

Seguimos adiante na copa,tras un gran encontro fronte a un rival duro e que non soubo aceptar a derrota.Bo encontro do conxunto azul que comezaría perdendo pero que empatou cun gol de Chiki de falta.Tras o empate, o CIRE desplegaría un gran fútbol co que chegaría o gol do gran Jetxu, despois dun erro da defensa e o gardaredes visitante, que situaría o CIRE por diante e que faría calar por instantes o equipo do Mesón do Bento. Pero estes volverían empatar e porse por diante no marcador, e habería que esperar ata os derradeiros minutos do encontro para que chegara un dos momentos claves do mesmo, cando Jetxu intérnase na área, cae e o colexiado sinala penalti, un penalti deses os que Jetxu nos ten acostumados. Fernando anotaría a pena máxima coa súa peculiar calma,e así chegaríase o fin dos 90 minutos, pero o seren un partido de copa a partido único, habería que desputar a prórroga. Unha prórroga na que os melidaos saíron lanzados buscando o gol que lle dera o pase a seguinte rolda. E ese gol chegaría por medio de Nacho Pistón .O CIRE seguiu presionando en busca do gol da tranquilidade, pero nun corner o central do conxunto visitante anotaría o empate, que caería como unha xerra de auga fría sobre a parroquia azul. Tras ese gol remataría a primeira metade da prórroga e chegaríase a unha segunda metade na cal o Mesón tivo a posesión do balon en todo momento, pero non foron capaces de subir o quinto gol o marcdor e así chegaríase a lotería dos penaltis.
Nos penaltis comezaría lanzando o CIRE:

1- Jetxu, tiraría o primeiro penalti que metería pola escadra esquerda do gardaredes, pero os visitantes igualarían tamén o transformar o seu.
2- Pájaro, de acertado lanzamento, volvería poñer o CIRE por diante pero o Mesón tamén acertaría o seu segundo lanzamento.
3- Fernando, anotaría o terceiro, case sen coller carreira para disparar, e pola súa parte PERILLA pararía o lanzamento do Mesón.
4- Sería o propio PERILLA o que anotaría o cuarto,pero non poderá parar o do conxunto visitante.
5- A victoria está nos pés de Mateo, o de Cesuras disponse a disparar e o balón como se dunha película dos EEUU se tratase pega nun pao, despois no outro e entra, para o delirio do respetable que acudiu o Municipal de Melide para ver como o CIRE eliminaba ao Mesón do Bento, novo equipo de primeira rexional.Unha nova categoría que non demostrarían os seus xogadores que se adicaron durante todo o encontro a provocar a afición local. Leas aparte o CIRE segue adiante na copa.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!