martes, 20 de mayo de 2008

NORABOA MELIDE F.S.

O CIRE non xogou frente o seu rival copeiro.LUBRE,o motivo a morte do alcalde do pobo,polo tanto e xa que as fechas tan apretadas da copa non o permiten o CIRE daranlle por gañado,seguramente por 0-3,o partido frente o LUBRE.


Pero a noticia desta semana deuse no futbol sala que durante tantos anos lle deu alegrias o noso pobo,un equipo de futbol sala que contra vento e marea e cando xa ninguen,ou case ninguen,confiaba en eles sacaron de orgullo para lograr 16 pts dos últimos 18,no ultimo encontro os de Baby lograron unha victoria por 6-4 e son un ano máis equipo de autonómica.
NORABOA MELIDE F.S. para o ano polo o ascenso.


En canto saibamos o rival do CIRE na copa pondremolo nun recunho bo blog.




Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

lunes, 5 de mayo de 2008

SOMOS DE SEGUNDA!!!!


Despois de moitos anos no pozo,o CIRE volve a segunda autonomica (rexional) moitos de nos nin nos acordamos de ver o conxunto azul sen ser na ultima división do fútbol rexional,por eso mesmo o CIRE o 4-5-08 tiña unha cita coa historia,tiña a oportunidade de subir de categoria,a afición non fallou e o campo estaba ateigado,pero quizás o máis importante e que os xogadores tampouco fallaron e golearon o VISANTOÑA por 6 - 0,na historia estan xa os Perilla,Jetxu,Cordido,Fernando,Alberto,Tarrio,Chiqui,...AGORA SOMOS EQUIPO DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!!!!!!!!

O partido desputado en Melide presentabase como un encontro enigmatico,xa que na ida os azuis perderan por 4 - 2 ,pero moi pronto Marc demostraria que este partido pouco ia ter que ver co da ida xa que nos primeiros minutos o dianteiro azul sube o 1 - 0 ao marcador,tras ese gol o partido converteuse nunha festa na que xa nada podia perigar e que ameazaba en convertirse en goleada en prol dos melidaos asi foi Miki por partida doble,os centrais Cordido e Suso e Jetxu de penalti completarian a goleada.
Pouca importancia tiña o resultado da Ponte xa que o CIRE dependia de si mesmo,tras acabar o partido Melide era unha festa,un tractor encargouse de levar os xogadores a fonte donde se celebraría o ascenso,pero a cousa non remataria aí xa que os viños seria o seguinte destino,a festa apoderabase de Melide,nas ruas os coches pitaban,a xente berraba e cantaba,ect.A festa azul continuaria cunha cea e o remate desta,volta os viño e máis festa.

O CIRE É EQUIPO DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!!!!!!



NORABOA


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

miércoles, 30 de abril de 2008

TODOS CO CIRE!!

Dende Brigadas * Azuis facemos un chamamento a toda a xente da vila de Melide para que este domingo día 4 de maio,acudamos de forma masiva o campo municipal para animar o noso equipo fronte o Visantoña,e deste xeito poder alcanzar o tan desexado ascenso por todos. Por eso quedan 90 minutos, no que todos debemos ir apoiar os nosos conveciños que están a piques de facer historia co noso clube. A cita como ben dixen antes será o domingo 4 as 17:oo horas no campo municipal de melide fronte o Visantoña. Animádevos a vir e todos xuntos poderemos festexar que para o ano somos equipo de segunda!

Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

lunes, 28 de abril de 2008

CAMIÑO A SEGUNDA!!!!

O CIRE acadou unha victoria no desplazamento a Abellá,os azuis impuxeronse o SAN ESTEVO por 0 - 1,o xogo que se veu non foi demasiado vistoso por ningun dos dous lados en gran parte polo mal estado do terreo de xogo,ainda asi o CIRE impuxose con un gol de Mateo na segunda metade,as ocasións non abundaban pero ainda asi o ABELLÁ estivo a punto de igualar o encontro na recta final do mesmo nunha ocasión na que se plantaron diante de Perilla pero o remate marcharia desviado para tranquilidade da parroquia azul que se desplazou a ver o penúltimo encontro da tempada,o ltimo encontro sera CIRE - VISANTOÑA as 17:00 en Melide, o ascenso está en xogo,por eso e importante o apoio da afición no partido máis importante do CIRE nos últimos anos.



Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

martes, 22 de abril de 2008

XA TEMOS BOMBO!!!!!


Para todos eses impacientes, comunicar que xa temos a nosa disposición o tan reclamado bombo para uso e disfrute da afición azul.

Tamén queremos comunicarvos que imos facer un novo pedido de camisolas ante a demanda que se está a xerar.Agradeceríamos a todos os interesedos en que nos pediran as camisolas antes do venres 25 de abril, xa que apartir desa data vai ser moi complexo conseguilas,as camisolas que nos encarguedes serán repartidas no derradeiro encontro da tempada fronte o VISANTOÑA.Para pedir as camisolas enviádenos un e-mail a brigadasazuis@hotmail.com co voso nome e a talla que queredes.

Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

domingo, 13 de abril de 2008

MÁIS PRETO DO ASCENSO

O CIRE MELIDE impuxose o ATL.SOBRADO por 0-1 nun partido que non pasara a historia polo xogo realizado polos azuis,o CIRE fixo un mal partido no que apenas houbo ocasións.Na primeira métade o xogo desenvolveuse no medio campo e solo destacar o gol anulado o SOBRADO,na segunda métade o xogo seguiu pola mesma liña,destacar unha xogada de Jetxu na cal parecia un gol cantado xa que o 10 azul plantouse só diante do gardarredes amarelo pero o disparo foise as nubes,como xa decia o partido non sera recordado polo bon xogo pero o importante do encontro chegaria sobre os 25 minutos da segunda métade no que tras un barullo na area local Jetxu empurra o balón as redes para delirio da afición azul,o partido transcurriria sen sobresaltos ata chegar o seu fin,un fin moi reclamado pola aficion melidá.A pesar do mal xogo realizado o importante son os 3 pts logrado que seguen facendonos depender de nos mesmos,o segundo clasificado a PONTE venceu por 4-0 no seu feudo frente OZA DOS RIOS.

A vindeira xornada o CIRE enfrontarase en Melide ao cuarto clasificado o ORDES B as 17:00.


Pola súa bando o MELIDE F.S. segue vivo tras gañar 4-2 frente o QUIROGA.



Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

domingo, 6 de abril de 2008

LIDER

O CIRE impuxose ante o Mesía por 2 - 1 ,os melidaos tiveron unha xornada perfecta xa que o noso veciño Toques acadou o empate frente o Ponte Carreira por 1 - 1 ,o CIRE adiantouse na primeira metade,nada máis comenzar o partido,por medio de Miki o partido transcorreria con normalidade sen ocasións destacables para ningun lado e seria na segunda metade cando o conxunto de Melide ampliaria distancias cun gol en propia porta do Mesía o seguinte gol caeria por lado do conxunto visitante deixando o resultado final de 2 - 1 ,o CIRE fallaria un penalti feito sobre Jetxu o carismatico xogador do conxunto azul David Pajaro errou a pena maxima.O CIRE é lider e esta preto do ascenso a segunda autonómica xa que aventaxa o Ponte en 1pt e os azuis teñen o gol averaxe favorable.A seguinte xornada sera o derbi contra o Sobrado en terras alleas as 17:00,o CIRE xa depende de si mesmo.

Os xuvenís perderon frente o segundo clasificado o Cerceda por 1 - 3 ,nun partido que se desputou de mañan e no que o CIRE contou con 11 xogadores xustos ainda asi os melidaos fixeron un gran enconto e non seria ata o final do partido en que o Cerceda sentenciaria o encontro.

En canto o Melide F.S. a situación da un xiro importante co descenso automatico por abandono do Monterroso,agora mesmo o Melide F.S. esta empatado a pts co Quiroga co cal se enfronta na seguinte xornada en Melide.Nesta xornada sacaron un importante pt frente o Mexilón Ouro por 2 - 2.

GRAN XORNADA EN MELIDE.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!