domingo, 27 de enero de 2008

SEGUIMOS NA BRECHA

O CIRE de MELIDE consegueu os 3 pt na sua visita o campo do Poulo o resultado foi 0-2 con goles de Jetxu e Marc,o CIRE non fallou ante o penúltimo clasificado tras o tropezo na xornada anterior ante Oza,destacar neste partido a expulsión do porteiro melidao,Perilla.
Na vindeira xornada o CIRE recibe no seu feudo a o Vizoño B un equipo situado na metade alta da táboa esperamos acadar os 3 pts.
Tamén destacar a victoria dos xuvenís frente o Sp.Cambre B por 1-3 con goles de Pampin,Vacenas e Cocoliso este ultimo cadete ,convocado polas numerosas baixas do equipo azul esperemos que esta victoria sexa o desencadeante de moitas máis para un equipo que non pasaba o seu mellor momento.NORABOA

Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

lunes, 21 de enero de 2008

QUE NON FUXAN MÁIS!!

O cire de melide caeu este domingo na nosa vila ante oza dos ríos por cero goles a un.O campo municipal de Melide presenciou este domingo a primeira derrota do noso equipo a cal esperemos que sexa a última.
Non foi un bo encontro dos xogadores melidaos, sobre todo na primeira parte na que solo hai q resaltar o gol do equipo visitante. Aínda así, fumos merecedores de sacar algo positivo na segunda metade polo xogo desplegado polos rapaces da camisola azul.Unha segunda parte na que a falta de sorte e un penalti lanzado por JETXU a madeira impediron que o marcador se movese.Os mellores tamen erran.O seguinte partido será contra o Poulo no campo destes,esperamos traer os 3 pts.

Recordar que seguimos a ter a venda esas espléndidas camisolas e que cada vez somos máis.
Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

lunes, 14 de enero de 2008

3 PUNTOS MÁIS PRETO ...

O cire de melide logra vencer por dous goles a cero no campo do toques gracias a un gol de jetxu na primeira parte e un segundo gol de mateo tras un erro do porteiro do toques. 3 puntos máis preto do ansiado ascenso!!
Recordar que temos a venda esas espléndidas camisolas e que cada vez somos máis.
Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

jueves, 10 de enero de 2008

PARTICIPA NA PORRA


BRIGADAS AZUIS invitavos a paticipar na porra


TOQUES - CIRE


Domingo 16.00 no municipal de Toques.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

lunes, 7 de enero de 2008


Dende as Brigadas Azuis, querémosvos informar de que por fin temos o noso primeiro material , a camiseta oficial das Brigadas polo módico prezo de 12.50€(bo, bonito e barato).Para poder mercalas mandar un mail a brigadasazuis@hotmail.com.Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.
Por melide,Polo cire!!!!
FORZA CIRE!!!!