miércoles, 27 de febrero de 2008

ÚLTIMO PEDIDO(de momento)


Dende BRIGADAS AZUIS queremos comunicar que imos realizar un novo pedido de camisetas o cal sera o último polo momento ata que consigamos ter un gran numero de pedidos desta prenda para volver realizar un novo pedido,o meior tardamos varios meses en volver pedir xa que non sae rentable,polo tanto se ainda non tes a camisola non dubides en pedila ou ben na dirección brigadasazuis@hotmail.com ou comunicanolo a un de nos.

Tamén temos a intención de facer novos articulos co nome das BRIGADAS AZUIS,polo tanto se tes algunha suxerencia de algun articulo que poidamos realizar non dubides en decirnolo por medio de comentario,correo ou a nos mesmos,queremos que a xente se implique.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

martes, 26 de febrero de 2008

TÁBOAS

O CIRE non consegueu pasar do empate(0-0) na súa visita o cuarto clasificado o ATL.PERILLO os melidaos tiveron boas oportunidades e mesmo Jetxu errou unha pena máxima.
O S.D.PONTECARREIRA consegue asi ampliar a súa ventaxe a 5 pt tras a súa victoria por 2-0 frente o veciño Sobrado.
O seguinte partido enfrontará aos melidaos frente o tercer clasificado da categoria o BOIMORTO as 16:30 en Melide.

Tampouco foi moi boa xornada para os xuvenís xa que caeron derrotados por 4-0 na súa visita ao PASTORIZA.

No que respecta o MELIDE F.S. esta semana tocou descansar e na vindeira xornada enfrontaranse en Melide frente o JOGAFAN as 17:00.





Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

domingo, 17 de febrero de 2008

FÁCIL

O CIRE DE MELIDE impúxose o último clasificado por un claro 3 - 0,o partido comezou moi ben para o conxunto azul xa que cando apenas se levaban disputados 5 minutos de xogo Fernando adiantaba o CIRE cun gol dende tres cuartos de campo despois de un grave erro do gardamallas do Encrobas o partido seguiu con ocasións claras ata que Miki anotaba o segundo gol co cal se chegaba o descanso,tras a reanudación os melidaos seguiron dispoñendo de boas ocasions por medio de Nacho Pedras que mesmo lle anularon un gol legal,pero o autor do terceiro gol volveria ser Miki que deixaba o partido sentenciado.Destacar as numerosas baixas do CIRE,Jetxu,Marc,Alberto,Peque e algun máis non puideron desputar este encontro no cal xogaron dous xuvenís,o debutante Mulero que realizou un bon encontro e quedouse as portas do gol e Fer que se atopou ben no medio e que pouco a pouco vaise colando nas convocatorias azuis.
O seguinte partido sera clave xa que o CIRE viaxara a PERILLO para xogar contra o cuarto clasificado.
Destacar tamen a victoria dos xuvenís por 1 - 0 contra o Larin con gol de Canetas.


En canto futbol sala os nosos perderon nun partido moi desputado no pavillón municipal da Martagonal por 3 - 4 frente o Friol de Carril e compañia,nun partido moi desputado no que o Friol remontoulle un 3-2 aos melidaos cando quedaban 6 min tras unha tangana nas gradas que puideron descolocar o conxunto do pobo.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

lunes, 11 de febrero de 2008

VICTORIA A DOMICILIO

O CIRE DE MELIDE acadou unha importante victoria a domicilio en Vilarmaior,nun partido moi duro e moi fisico pero no cal o conxuto azul mereceu gañar.
O CIRE adiantouse no marcador sobre o minuto 15 da primeira metade por medio de Jetxu que esta nunha boa racha goleadora xa que é a terceira xornada consecutiva na que o "10" anota,dato moi importante pola lesion que sufre Marc o dianteiro titular, na segunda metade os melidaos sentenciaron o enconto por medio de Nacho Pedras,salientar que o partido acudiron varios membros do Pontecarreira que nesta xornada descansaba e que lle saca 3 pt o CIRE,igualados a partidos desputados,o CIRE segue dependo del para acadar o ascenso directo.
O CIRE recibe na seguinte xornada o último clasificado en Melide o Encrobas o Domingo as 16:15 esperamos levar os 3 pts de novo.

Tamen destacar o derbi de futbol sala entre o ARZUA e o MELIDE F.S.,que se decantou de lado arzuano por 4-2,o último gol do Arzua de doble penalti e cando quedaba 1 minuto para rematar o encontro,o Melide faltalle algo de sorte xa que esta a completar bos encontros contra os equipos de arriba pero que se lle acaban escapando por pequenos despistes,ainda asi moi bon o encontro desputado no pavillón de Santa María de Arzua,animo MELIDE F.S.

Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!

lunes, 4 de febrero de 2008

GOLEADA

O CIRE acadou unha importante victoria por 5 - 0 ante un dos equipos de arriba o VIZOÑO B, o marcador non se abreu ata a segunda metade tras un gol de Jetxu tras erro do porteiro que contribuiu en gran medida na goleada do conxunto melidao, Peque,Pajaro,Miki a pase de Fer (un dos xuvenís que xogaron neste partido xunto a Miky) e Mateo de cabeza acadarían o resto dos goles nun partido moi importante e no que o CIRE deixou unha boa imaxe diante do publico desprazado que aguantou todo o partido a pesares do frio.O seguinte encontro enfrontara os nosos frente o Vilarmaior.
Tamen dende aqui queremos darlle animos o Melide F.S. que o sabado perdeu 5-6 frente o Javasan o lider da categoria nun partido que non se decantou ata o final e no cal o conxunto azul mereceu máis.Sorte para o vindeiro encontro frente o Arzua.

Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.


FORZA CIRE!!!!