lunes, 26 de mayo de 2008

PARTIDAZO

Seguimos adiante na copa,tras un gran encontro fronte a un rival duro e que non soubo aceptar a derrota.Bo encontro do conxunto azul que comezaría perdendo pero que empatou cun gol de Chiki de falta.Tras o empate, o CIRE desplegaría un gran fútbol co que chegaría o gol do gran Jetxu, despois dun erro da defensa e o gardaredes visitante, que situaría o CIRE por diante e que faría calar por instantes o equipo do Mesón do Bento. Pero estes volverían empatar e porse por diante no marcador, e habería que esperar ata os derradeiros minutos do encontro para que chegara un dos momentos claves do mesmo, cando Jetxu intérnase na área, cae e o colexiado sinala penalti, un penalti deses os que Jetxu nos ten acostumados. Fernando anotaría a pena máxima coa súa peculiar calma,e así chegaríase o fin dos 90 minutos, pero o seren un partido de copa a partido único, habería que desputar a prórroga. Unha prórroga na que os melidaos saíron lanzados buscando o gol que lle dera o pase a seguinte rolda. E ese gol chegaría por medio de Nacho Pistón .O CIRE seguiu presionando en busca do gol da tranquilidade, pero nun corner o central do conxunto visitante anotaría o empate, que caería como unha xerra de auga fría sobre a parroquia azul. Tras ese gol remataría a primeira metade da prórroga e chegaríase a unha segunda metade na cal o Mesón tivo a posesión do balon en todo momento, pero non foron capaces de subir o quinto gol o marcdor e así chegaríase a lotería dos penaltis.
Nos penaltis comezaría lanzando o CIRE:

1- Jetxu, tiraría o primeiro penalti que metería pola escadra esquerda do gardaredes, pero os visitantes igualarían tamén o transformar o seu.
2- Pájaro, de acertado lanzamento, volvería poñer o CIRE por diante pero o Mesón tamén acertaría o seu segundo lanzamento.
3- Fernando, anotaría o terceiro, case sen coller carreira para disparar, e pola súa parte PERILLA pararía o lanzamento do Mesón.
4- Sería o propio PERILLA o que anotaría o cuarto,pero non poderá parar o do conxunto visitante.
5- A victoria está nos pés de Mateo, o de Cesuras disponse a disparar e o balón como se dunha película dos EEUU se tratase pega nun pao, despois no outro e entra, para o delirio do respetable que acudiu o Municipal de Melide para ver como o CIRE eliminaba ao Mesón do Bento, novo equipo de primeira rexional.Unha nova categoría que non demostrarían os seus xogadores que se adicaron durante todo o encontro a provocar a afición local. Leas aparte o CIRE segue adiante na copa.


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

martes, 20 de mayo de 2008

NORABOA MELIDE F.S.

O CIRE non xogou frente o seu rival copeiro.LUBRE,o motivo a morte do alcalde do pobo,polo tanto e xa que as fechas tan apretadas da copa non o permiten o CIRE daranlle por gañado,seguramente por 0-3,o partido frente o LUBRE.


Pero a noticia desta semana deuse no futbol sala que durante tantos anos lle deu alegrias o noso pobo,un equipo de futbol sala que contra vento e marea e cando xa ninguen,ou case ninguen,confiaba en eles sacaron de orgullo para lograr 16 pts dos últimos 18,no ultimo encontro os de Baby lograron unha victoria por 6-4 e son un ano máis equipo de autonómica.
NORABOA MELIDE F.S. para o ano polo o ascenso.


En canto saibamos o rival do CIRE na copa pondremolo nun recunho bo blog.




Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

lunes, 5 de mayo de 2008

SOMOS DE SEGUNDA!!!!


Despois de moitos anos no pozo,o CIRE volve a segunda autonomica (rexional) moitos de nos nin nos acordamos de ver o conxunto azul sen ser na ultima división do fútbol rexional,por eso mesmo o CIRE o 4-5-08 tiña unha cita coa historia,tiña a oportunidade de subir de categoria,a afición non fallou e o campo estaba ateigado,pero quizás o máis importante e que os xogadores tampouco fallaron e golearon o VISANTOÑA por 6 - 0,na historia estan xa os Perilla,Jetxu,Cordido,Fernando,Alberto,Tarrio,Chiqui,...AGORA SOMOS EQUIPO DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!!!!!!!!

O partido desputado en Melide presentabase como un encontro enigmatico,xa que na ida os azuis perderan por 4 - 2 ,pero moi pronto Marc demostraria que este partido pouco ia ter que ver co da ida xa que nos primeiros minutos o dianteiro azul sube o 1 - 0 ao marcador,tras ese gol o partido converteuse nunha festa na que xa nada podia perigar e que ameazaba en convertirse en goleada en prol dos melidaos asi foi Miki por partida doble,os centrais Cordido e Suso e Jetxu de penalti completarian a goleada.
Pouca importancia tiña o resultado da Ponte xa que o CIRE dependia de si mesmo,tras acabar o partido Melide era unha festa,un tractor encargouse de levar os xogadores a fonte donde se celebraría o ascenso,pero a cousa non remataria aí xa que os viños seria o seguinte destino,a festa apoderabase de Melide,nas ruas os coches pitaban,a xente berraba e cantaba,ect.A festa azul continuaria cunha cea e o remate desta,volta os viño e máis festa.

O CIRE É EQUIPO DE SEGUNDA AUTONÓMICA!!!!!!!!



NORABOA


Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!