martes, 10 de junio de 2008

FIN DE TEMPADA!!!!!


O CIRE non consegue dar a badalada e vencer o campion da copa de A Coruña o Vizoño e non seria por gañas xa que os azuis foron quen de adiantarse no marcador por medio de Jetxu e tras un gol de corner olimpico pero o Vizoño empataria o partido cara o final da primeira metade,na reanudación a condicion fisica do Vizoño e o vento a favor para o conxunto vermello fixeron que dende o minuto 30 ao 38 produciranse 3 goles e seria xa no desconto cando o Vizoño faria o quinto gol,o resultado non reflicte nin o máis minimo o xogo do conxunto melidao que durante 70 minutos fixo soñar a súa aficióm,que acudiu en masa para ver este gran encontro,con conseguir eliminar o vixente campión,pero como xa dixen a condición fisica de estes xogadores de preferente fixeron que en 10 minutos fosen que de golear o CIRE,non pasa nada a tempada foi magnifica para o cadro azul.
Para o ano xogaremos en segunda autonómica,manteremosvos informados se hai algunha alta ou baixa.





Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!

domingo, 1 de junio de 2008

SEGUIMOS VIVOS!!!!!!!!

O CIRE MELIDE logrou imporse por 2-1 ao Olímpico nun partido moi desputado e xogado no municipal de Melide o cal rexistrou unha boa cantidade de siareiros azuis nas súas gradas.A primeira metade na que os primeiros vinte minutos pertenceron o conxunto visitante que logo de non lograr rentabilizar as súas oportunidades o encontro empezaria a ser manexado polo CIRE que acadaria o seu gol por medio de Peke e tras unha gran xogada de Jetxu,asi chegariase ao final da primeira metade,na reanudacion o Olimpico acadaria o empate nun lanzamento de falta(máis que dudosa) no que un xogador visitante remata o centro de certeiro cabezazo,tras o gol o CIRE botariase adiante en busca do gol da victoria que chegaria por parte de Miki no que posiblemente sexa o mellor gol da tempada para o cadro melidao no que,Miki tras regatear varios xogadores conecta un potente zurdazo dende o pico da aerea que se cola por toda a escadra,asi seria o Olimpico o que atacaria e estaria a punto de empatar o encontro pero impideuno Perilla cunha gran estirada que faria levantar a parroquia azul para aplaudir a acción do gardarredes melidao,o partido fixose eterno e a afición acabou pedindo a hora,a fin de contas o CIRE sigue adiante na copa e xa estamos en 1/8.

Cando sepamos o emparexamento escribiremolo nun recuncho do blog.



Sen máis un saúdo das brigadas vémonos nas gradas.

FORZA CIRE!!